Dream Chaser

A Dream Chaser nunha das probas.

Dream Chaser é o nome dunha nave espacial reusable proposta pola empresa SpaceDev, subsidiaria de Sierra Nevada Corp.. A nave é un corpo sustentador pensado para ser lanzado verticalmente mediante un Atlas 5 e para aterrar horizontalmente, como un avión. Foi anunciada en 2006 e está baseada no proxecto de nave HL-20 desenvolvido nos anos 1980 pola NASA.[1][2]

  1. Mark Wade (2011). "Dream Chaser" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2019. 
  2. Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "Dream Chaser" (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search